Blogia
ateo poeta

viaxe ao país das nubes

viaxe ao país das nubes

 

os muros da finca

do consejo indigena

recibenme co mural

da comunitaria radio guetza

pero eses micros estan pechados

pola pinche represion

 

seis meses despois

a emisora subiu as comunidades

e segue livre no seu rincon

 

 

 

lembro

os chiquitos versos

de ángel gonzález

na voz de pedro guerra

 

como llevaba trenza

la llamabamos trencita

como llevaba trensa

la llamabamos trensita

 

 

 

güero güero

así me chamaban os presos

dende detras das reixas

cando ia polos pasillos

a visitar a jose

os güeros

somos de pel clara

e sempre levamos cartos

 

 

 

na foto

todas estamos

mais ou menos como somos

ocupando o noso lugar

nese tempo nese espacio

entre tantas culturas

e mestizos movimentos

pero agora

ollando a estampa

penso nos corpos que faltan

e penso en ti que non saes

porque estas detras da camara

 

 

 

de pura arcilla os camiños

el color de la madre tierra

puros soños dos meniños

 

mil estrelas sobre o planton

mil petates mil cobijas

mil abertos corazons

 

 

 

Manolo Pipas, viaxe ao país das nubes

 

0 comentarios